Que é MURABELLOS

Murabellos é unha iniciativa persoal de Suso Díaz Estévez para editar os seus propios libros, enténdase como editorial, selo, ou imaxe propia coa que auto editarse.

Murabellos NON editará a outros autores (de facelo no futuro, anunciarase oportunamente). Polo tanto NON se admite ningún tipo de orixinal, de recibilos destruiranse inmediatamente.


Murabellos dálle forma e identidade aos libros de Suso Díaz Estévez. Polo tanto é o nome, a imaxe e identidade escollida para auto publicar os meus libros.

Mostra da portada e contraportada dos libros que publique con Murabellos.
 

Partes da CAPA:
  1. Na capa, arriba á dereita o título e o nome do autor.
  2. No centro da capa, dentro dunha pinga, a imaxe alusiva ó contido do libro.
  3. Na lapela, breve biografía do autor. 
  4. Abaixo da capa, no centro, o logo de Murabellos.
  5. No lombo leva a pinga coa M de Murabellos, o título do libro e o nome.
  6. Na contra capa, arriba centrado, un breve texto o algún verso.
  7. Abaixo á dereita, o ISBN. 
  8. Na contra lapela, os títulos publicados.

Última actualización: abril do 2024

Publicacións populares